Visita a Meteogalicia!

Hoxe martes 09 de abril o curso de 2º de ESO estivemos de visita en Meteogalicia.

Que entretido e canto aprendimos! 

Primeiro poidemos presenciar o lanzamento do globo de radiosondaxe, e despois invitáronnos á sala de predicción meteorolóxica. Que emoción! Na nosa presenza, e en riguroso directo, fixeron unha predicción meteorolóxica para unha emisora de radio de Vigo. Logo, explicáronnos as imaxes que estabamos a ver nas pantallas, e posteriormente déronnos dúas charlas, unha sobre a meteoroloxía en xeral e outra máis concreta sobre instrumentos de medición e estacións meteorolóxicas. 

Nós, en agradecemento, entregámoslles unhas chapas co logo do noso proxecto. 

E xa, para rematar, Meteogalicia...  Adicounos  un tweet! Podedes velo facendo clik no texto "Tweet de Meteogalicia":


Quedamos encantados! Moitísimas grazas!!









Publicacións populares deste blog

Vivimos como galegos... Toma 1!

Vivimos como galegos!!

Habemus logo!!