Vísitanos o experto de AEMET!!

Baixo o nome "Meteoroloxía e aviación. A tecnoloxía que non vemos", o venres 10 de maio de 2019 ás 11:00 tivo lugar a charla D. Hugo Martínez Villar, Xefe da Oficina de Meteoroloxía do Aeroporto de Vigo.


Como responsable de AEMET en Vigo, transmitiunos dunha forma moi amena moitos  e variados contidos,  tanto do ámbito da aviación como da meteoroloxía dunha forma máis xeral. 

O noso alumnado de 2º e 4º de ESO, ao longo de toda conferencia, amosouse moi interesado, e aproveitou a ocasión para aumentar os seus coñecementos sobre o ILS, que forma parte dunha das súas actividades. 

Ao rematar a charla, todos poideron contemplar numerosos instrumentos de medición, como o heliógrafo, e consultaron diversas publicacións. 






Dámoslle as grazas a D. Hugo Martínez Villar polo seu desprazamento ao noso Colexio, e quedamos á espera da súa valoración como "Experto" do noso proxecto. 

Abur!!

Publicacións populares deste blog

Vivimos como galegos... Toma 1!

Vivimos como galegos!!

Habemus logo!!