Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2019

Comeza "Meteo-obradoiro"

Imaxe
Os alumnos de 4º de Educación Primaria comezan a súa andaina no noso Proxecto cunha actividade que lles está a resultar moi entretida, "Meteo-obradoiro". Como verdadeiros artesáns, están realizando os seus propios instrumentos de medición a partir da reciclaxe de obxectos cotiás. Botellas plásticas baldeiras, culleres de usar e tirar, cartóns... E moitos máis obxectos que nin sodes capaces de imaxinar. Este é o resultado ata o momento. Que orgullosos están cos seus instrumentos de medición!! Mirade!!

Cerimonia de inauguración

Imaxe
O día 20 de febreiro fixemos a cerimonia de inauguración. Que acto tan bonito!! Risas, videos, fotos e algunha que outra bágoa pola emoción acompañáronnos ao longo de 2 horas e media. Logo, cada un colocamos o noso nome nunha letra "a" xigante e, ao final, como agasallo para todos, unha chapa co noso logo!! Se queredes saber máis cousas e ver os videos da presentación, xa sabedes, na web do Proxecto!!

Habemus logo!!

Imaxe
Aproveitando a cerimonia de inauguración, demos a coñecer o logo gañador do concurso e que será a imane do noso proxecto ao longo deste curso. Tras unha longa e difícil deliberación, pois eran moitos os logos entre os que escoller, o xurado do concurso seleccionou o logo de ... ENMA COSTAS MILLOS!! De 4º de Educación Primaria. Este foi o seu deseño, e nós convertémolo  en chapa e en imaxe oficial do Proxecto. Ben feito Enma!!