Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2019

Visita a AEMET en A Coruña

Imaxe
Hoxe, martes 26 de marzo de 2019, os alumnos de 1º de ESO visitaron as instalacións de AEMET na cidade de A Coruña, ao tempo que os alumnos de 3º de ESO realizaron a actividade de AEMET que co galo do día mundial da meteoroloxía tiñan preparado no MUNCYT. A visita foi moi entretida, e tivemos a sorte de que  D. José María Pascual fíxonos de guía. Todo un privilexio!. Aquí deixámosvos unhas fotos para que sexades partícipes das instalacións que visitamos e do ben que lanzamos o globo de radiosondaxe. Aburiño!!

Medimos a nosa latitude!!

Imaxe
 Onte, 20 de marzo,  ás 22:58 horas comezou a primavera. Que marabilla! E nós, aproveitando o equinoccio, decidimos medir a nosa latitude hoxe xoves 21. Guiados polo profesor Emilio, que de latitude, lonxitude e orientación sabe moito, os alumnos de 6º de Educación Primaria ensinaron aos de 1º de ESO, 5º e 4º de Educación Primaria como un simple cordel pode converterse no mellor GPS do mundo. A proxección dunha sombra, o transportador de ángulos, o cordel, moitos nervos e... Maxia? Pois non, ciencia!! Aquí vos deixamos algunhas fotos deste súper evento!!

3, 2, 1... Gravamos!!

Imaxe
Neste mes de marzo comezamos xa a gravación do noso telexornal "O tempo Andersen". A noticia dende dentro da noticia! Dende os lugares máis recónditos do planeta, os nosos intrépidos enviados especiais contarannos as últimas novidades do tempo. Nevadas, temporais, tornados... Nada se escapa aos nosos reporteiros! Aí tedes unhas imaxes dos telexornais, e lembrade que podedes velos na web!!