Cerimonia de clausura

Hoxe mércores 19 de xuño tivo lugar a cerimonia de clausura do noso Proxecto Airiños Aires.

Os alumnos de 2º de ESO organizaron o evento, para o cal acordaron realizar unha exposición dos carteis das actividades do Proxecto e un "Tempo call" para divertimento de todo o alumnado. Iso si, ían acreditados como organizadores, e ata fixeron un acto de entrega de acreditacións!!

Así, todos os alumnos e alumnas, tanto de educación infantil, primaria e da ESO, que quixeron quitarse unha fotografía cos nosos accesorios do tempo foron retratados por 2º de ESO.

Como colofón final, entregóuselles como agasallo a todo o alumnado do Centro unha pegatiña co logo. E quedaron ben contentos!!


























Moi bo traballo rapaces!!

Publicacións populares deste blog

Vivimos como galegos... Toma 1!

Vivimos como galegos!!

Habemus logo!!