Publicacións

Comezamos!!

Imaxe
Trala enorme ledicia pola nosa admisión no programa Meteoescolas, puxémonos mans á obra. A nosa primeira actividade foi... O Pequetempo! Con moi agarimo, os alumnos e alumnas de 3º de ESO estiveron facendo os paneis e os debuxos para que os alumnos de 5 anos se inicien como meteorólogos. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que entretido foi!

Cerimonia de clausura

Imaxe
Hoxe mércores 19 de xuño tivo lugar a cerimonia de clausura do noso Proxecto Airiños Aires. Os alumnos de 2º de ESO organizaron o evento, para o cal acordaron realizar unha exposición dos carteis das actividades do Proxecto e un "Tempo call" para divertimento de todo o alumnado. Iso si, ían acreditados como organizadores, e ata fixeron un acto de entrega de acreditacións!! Así, todos os alumnos e alumnas, tanto de educación infantil, primaria e da ESO, que quixeron quitarse unha fotografía cos nosos accesorios do tempo foron retratados por 2º de ESO. Como colofón final, entregóuselles como agasallo a todo o alumnado do Centro unha pegatiña co logo. E quedaron ben contentos!! Moi bo traballo rapaces!!

Vivimos como galegos... Toma 1!

Hoxe 15 de maio comezamos as gravacións de "Vivimos como galegos", e non vexades que sorpresa! Os alumnos de 2º de ESO son verdadeiros profesionais da rodaxe, todas as tomas gravadas á primeira eh! Deixámosvos este video para que vexades o realismo co que estamos a facer este programa. Esperamos que vos guste!! Un saúdo!!

Vísitanos o experto de AEMET!!

Imaxe
Baixo o nome "Meteoroloxía e aviación. A tecnoloxía que non vemos", o venres 10 de maio de 2019 ás 11:00 tivo lugar a charla D. Hugo Martínez Villar, Xefe da Oficina de Meteoroloxía do Aeroporto de Vigo. Como responsable de AEMET en Vigo, transmitiunos dunha forma moi amena moitos  e variados contidos,  tanto do ámbito da aviación como da meteoroloxía dunha forma máis xeral.  O noso alumnado de 2º e 4º de ESO, ao longo de toda conferencia, amosouse moi interesado, e aproveitou a ocasión para aumentar os seus coñecementos sobre o ILS, que forma parte dunha das súas actividades.  Ao rematar a charla, todos poideron contemplar numerosos instrumentos de medición, como o heliógrafo, e consultaron diversas publicacións.  Dámoslle as grazas a D. Hugo Martínez Villar polo seu desprazamento ao noso Colexio, e quedamos á espera da súa valoración como "Experto" do noso proxecto.  Abur!!

Visita a Meteogalicia!

Imaxe
Hoxe martes 09 de abril o curso de 2º de ESO estivemos de visita en Meteogalicia. Que entretido e canto aprendimos!  Primeiro poidemos presenciar o lanzamento do globo de radiosondaxe, e despois invitáronnos á sala de predicción meteorolóxica. Que emoción! Na nosa presenza, e en riguroso directo, fixeron unha predicción meteorolóxica para unha emisora de radio de Vigo. Logo, explicáronnos as imaxes que estabamos a ver nas pantallas, e posteriormente déronnos dúas charlas, unha sobre a meteoroloxía en xeral e outra máis concreta sobre instrumentos de medición e estacións meteorolóxicas.  Nós, en agradecemento, entregámoslles unhas chapas co logo do noso proxecto.  E xa, para rematar, Meteogalicia...  Adicounos  un tweet! Podedes velo facendo clik no texto "Tweet de Meteogalicia": Tweet de Meteogalicia Quedamos encantados! Moitísimas grazas!!

Vivimos como galegos!!

Imaxe
Menudo súper reto!! Amosar a todos aqueles que veñan a vivir á nosa terra como vivimos aquí! Casi un titorial é o que están a facer os alumnos e alumnas de 2º de ESO. Hoxe comezaron xa cos equipos de investigación, e todos acadaron de momento a mesma conclusión: Mira que nos condiciona o tempo!!